Twitter suspende a conta de Espazo Lectura

O día 2 de outubro Twitter suspendeu a nosa conta nesta rede porque parece ser que detectaron unha utilización inusual da mesma. Espazo Lectura @espazolectura é unha asociación sen ánimo de lucro de fomento da lectura e sempre facemos publicacións que teñen que ver cos libros, a lectura e as nosas actividades.
As persoas voluntarias responsables da redes de Espazo Lectura seguiron os pasos que Twitter estipula para a recuperación da conta: enviaron varios correos electrónicos, tweets, varias
apelacións, etc. pero non recibimos, nin tan sequera, unha resposta cunha explicación por parte de @TwitterEspana e @TwitterSupport.
Non podemos entender que está pasando e por que Twitter cancela esta conta que cumpre escrupulosamente coas “reglas de Twitter” mentres manten activas outras que van contra as
normas de comportamento dunha sociedade minimamente civilizada. E tampouco podemos entender por que nin tan sequera contesta aos nosos correos e alertas.