A Portada publicado por

Última sesión do ano 2016, no Contomar

Última sesión do ano 2016, no Contomar

Este luns 19 de decembro ás 18:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, o Contomar celebra a última sesión do ano 2016. A actividade regresará o 9 de xaneiro con moitos máis contos.

O luns 12 de decembro recibimos máis de 20 nenos e nenas coas súas familias, os cales sabían case todos os contos xa que, Esther, Mali, Fátima e Marta escolleron lecturas moi coñecidas: “O coelliño branco”, “Corre corre, cabaciña”, “Cocorico” e “A qué sabe a lúa?”, respectivamente. Ademais, celebramos un cumprecontos moi especial, o da nosa compañeira coordinadora Marta, a quen agasallamos cun marcapáxinas e lle cantamos os parabéns.

Aquí poden verse as imaxes da sesión: https://goo.gl/photos/Si1gMGhyKCWopwQj7

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura