Un Contomar de princesas, trasnos e outros seres

O luns 31 de marzo, no Contomar leremos os contos A princesa Sabela, O zapateiro e os trasnos, Unha eiruga moi larpeira e Que tal estás? O contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias comeza ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Na anterior sesión visitounos un grupo de mestras do colexio Humberto Juanes de Nigrán, socio protector de Espazo Lectura. Estas son algunhas imaxes dese día.