Casa da Lectura publicado por

Un entroido no medio da selva

Un entroido no medio da selva

A sesión de dinamización lectora desta semana na Casa da Lectura comezou coa lectura do conto A selva de Ngorongón, que narra como todos os animais da selva están pasmados diante “daquela cousa” mentres o feiticeiro muda a súa máscara de asustar pola máscara das dúbidas ata chegar á máscara da ledicia cando “aquela cousa” desaparece e os animais volven brincar e xogar coma sempre.
Logo contamos A máscara do león, a historia dun leonciño pouco agresivo que prefire xogar coa súa amiga cebra no canto de comela, como o resto de leóns esperaría que fixese.
Rematou a sesión cun obradoiro entroideiro no que os nenos e nenas, a partir dun prato de cartón, fixeron cadansúa máscara de león.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura