A Portada publicado por

Un grupo de comandoleiras e comandoleiros visitarán a Casa da Lectura esta semana

Un grupo de comandoleiras e comandoleiros visitarán a Casa da Lectura esta semana

A sesión de dinamización lectora deste mércores 19 de febreiro na Casa da Lectura vai estar dirixida por un grupo de comandoleiras e comandoleiros, isto é, mozas e mozos que participan asiduamente no Comando Le de Espazo Lectura.

A súa proposta consistirá, primeiro, en ler contos nos que as diferenzas, a inclusión e a amizade sexan as protagonistas. Despois, en lugar de obradoiro, farán unha serie de xogos nos que o traballo colaborativo terá unha grande importancia. Entre os contos escollidos están O cazo de Xián (versión de Concha de El cazo de Lorenzo), Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, Por catro esquiniñas de nada ou Monstro Rosa.

A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Por cuatro esquinitas de nada

Pequeno azul.._

Monstro-ROSA-GALEGO-interior-343x343

EL-CAZO-DE-LORENZO_2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As fotos da última sesión:
Mércores CdL 12-02-2020

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com