A Portada publicado por

Un grupo de comandoleiras visitarán a Casa da Lectura esta semana

Un grupo de comandoleiras visitarán a Casa da Lectura esta semana

A sesión de dinamización lectora deste mércores 20 de febreiro na Casa da Lectura vai estar dirixida por un grupo de comandoleiras, isto é, mozas que participan asiduamente no Comando Le de Espazo Lectura.

A súa proposta vai ser, primeiro, ler os contos que lles gustaban a elas cando eran pequenas. Despois, no obradoiro, os nenos e nenas escribirán o título do seu conto favorito e faremos con todos eles unha grilanda. Entre os contos escollidos están: «A tartaruga que quería durmir», «Uxía e os pillabáns», «Pulga e xigante» ou «O soño do osiño rosa».

A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Deseguido pódense ver as imaxes da sesión da semana pasada, unha sesión de contos en galego e lingua de signos.

Casa da Lectura 2019/02/15

Facebook Twitter Digg Email
1

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com