A Portada publicado por

Un grupo de mestras do Juan María visitan a Casa da Lectura con motivo do día da discapacidade

Un grupo de mestras do Juan María visitan a Casa da Lectura con motivo do día da discapacidade

Este mércores, con motivo do día da discapacidade, visitaranos na Casa da Lectura un grupo de mestras do Centro Juan María que nos van presentar o conto «Os músicos do Valmiñor», contando e signando. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

A semana pasada, fixemos un percorrido polas rúas das nosas casas a partir do conto «A Rúa da Tixola». Antes de ler o libro, Carmen conversou cos nenos e nenas sobre a nosa parroquia e os lugares onde vivimos,  ao tempo que construía unha estrada nun prego de papel; convidounos a comer noces, xa que a Casa da Lectura está na parroquia de Nogueiras, e presentounos os personaxes do conto colgando o seu retrato nunhas arboriñas que preparou para a ocasión. Finalmente, Carmen leu o conto e agasallounos cunha tatuaxe de cariña alegre por ter compartido un tempo tan agradable.

As fotos dese día pódense ver nesta ligazón: https://goo.gl/photos/LrdAsKP47DYJUmi77

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura