A Portada publicado por

Un grupo de profes do CEIP Souto Donas preparan unha sesión científica para a Casa da Lectura

Un grupo de profes do CEIP Souto Donas preparan unha sesión científica para a Casa da Lectura

O próximo mércores 2 de maio a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura correrá a cargo dun grupo de profes do CEIP Souto Donas, en concreto: Nano, Eva, Susana e Bea. Van facer unha sesión científica cos contos «Sobre un rayo de luz», «Zoom» e «Paco» e irán enchendo con diferentes experimentos e música a Casa da Lectura.
A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
A semana pasada desfrutamos dunha sesión especial con motivo da celebración da Semana do Libro e a Lectura da man dunha espectacular artista: Soledad Felloza, que nos baixou das nubes para volver subirnos cos seus contos, cancións e historias. Un xeito de trazar historias moi persoal e cargado de autenticidade.
Estas son algunhas imaxes dese día:
Casa da Lectura, 2018/04/25

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com