A Portada publicado por

Un inédito de Tokio, no Lecturas Debuxadas de maio

Un inédito de Tokio, no Lecturas Debuxadas de maio

Este mes de maio, o club Lecturas Debuxadas ten a oportunidade de ler e comentar A causa do crime, un orixinal aínda inédito do autor e ilustrador Alfredo López “Tokio”, que xa coñecemos pola súa novela gráfica Cabana de Balieiros. A sesión será o martes 20 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e contarase coa presenza de Tokio, quen ademais é compañeiro habitual de lecturas neste club.

Se hai xente que non participe habitualmente no club e que estea interesada en ler a obra para acudir a esta sesión pode poñerse en contacto con Espazo Lectura a través do correo electrónico.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura