Un intenso concerto musical e literario

Onte á mañá celebrouse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o concerto Contos en cantos, para o que Espazo Lectura reuniu arredor de 400 persoas que asistiron para vibrar e divertirse coas cancións interpretadas polos músicos de Almudena Janeiro, cancións baseadas en doce contos de OQO editora (Chocolata, Mariluz Avestruz, Titiritesa, Loboferoz…). Á saída, OQO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística agasallaron aos 240 nenos asistentes con candanseu libro-CD-DVD, que contén as letras e as cancións de Contos en Cantos. O libro tamén pode atoparse nas librerías. Reproducimos unha crónica fotográfica do evento con imaxes cedidas por Bruno Centelles.