Un libro divertido no club de lectura Sete Vidas

Un libro divertido no club de lectura Sete Vidas

O martes 5 de febreiro celébrase a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas. Este mes, o libro recomendado é A fama (Galaxia, 2009), do autor alemán Daniel Kehlmann, polo que as persoas que o desexen poden participar na xuntanza que terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00h para falar desta divertida e irónica novela.

Contaremos coa presenza da tradutora

Arredor das 21:00 horas, achegarase á biblioteca para conversar coas persoas asistentes Patricia Buján, a tradutora do libro.

Deseguido, pódense ver dúas imaxes da sesión do mes pasado, cando contamos coa presenza da escritora Rexina Vega que veu falar con nós da súa novela Dark butterfly.

 

Rexina Vega no Sete Vidas 01Rexina Vega no Sete Vidas 02

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com