A Portada publicado por

«Una entre muchas», un cómic que explora a violencia machista, no club Lecturas Debuxadas

«Una entre muchas», un cómic que explora a violencia machista, no club Lecturas Debuxadas
Mañá martes, 21 de marzo, temos a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Una entre muchas, de Una. A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 horas.
En febreiro, no Lecturas Debuxadas falamos sobre I.D., de Emma Ríos. Aínda que nos últimos anos Emma Ríos é máis recoñecida como debuxante, neste caso tamén o guión é obra súa. Unha obra construída sobre a idea dun cambio de identidade, de corpo, pero mantendo a personalidade propia… polo menos como un comezo. Mais, que consecuencias, que dificultades atravesarían os que se arriscasen a este procedemento? Ambientado no futuro, lonxe da Terra, as eleccións e pensamentos dos protagonistas marcan esta obra tan persoal. O aspecto gráfico, marcado pola cor vermella que é a única utilizada, é puro Emma Ríos, con profusión de planos, e un tratamento da anatomía dinámico e elegante. Estas son as fotos dese día: https://goo.gl/photos/HYRVjRoD3Mc8YZH88
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura