A Portada publicado por

Unha de piratas, na Casa da Lectura

Unha de piratas, na Casa da Lectura

O vindeiro mércores 20 de maio teremos unha sesión pirata na Casa da Lectura, leranse os contos A illa do tesouro do Pirata Calavera, Sinbarba e a princesa e O pirata Pata de Lata. A sesión comeza ás 18:00h e media hora antes atenderase o servizo de préstamo de libros.

A semana pasada comezamos a sesión de dinamización lectora facendo un pitiño dentro da casca dun ovo. Este pitiño acompañounos mentres escoitamos as historias d‘A vaca que puxo un ovo, dunha galiña do libro Minimalario e o conto Picurruchos. Rematamos a sesión cantando a canción do polo Pepe. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura