Unha novela sobre a memoria e a identidade para a primeira lectura do ano no Sete Vidas

O primeira sesión do ano no Club de Lectura Sete Vidas Sete Vidas xirará arredor da novela Nova gramática finesa, do autor italiano Diego Marani (Rinoceronte Editora).

Trieste, 1943. Un soldado da Segunda Guerra Mundial aparece ferido e inconsciente no porto. Sen ningunha documentación que o identifique, o home non lembra sequera o idioma que fala. O doutor que o asiste chega á conclusión de que é finlandés, coma el, e dedícase a aprenderlle de novo a súa lingua. Comeza así a reconstrución da identidade de Sampo Karjalainen, un proceso que o levará de volta a Finlandia na procura da súa identidade e do seu pasado.

Unha obra sobre a perda, a memoria, a identidade, a guerra e o amor que recibiu numerosos premios, entre os que destaca o Grinzane Cavour.

A sesión terá lugar o martes 13 de xaneiro, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do tradutor e editor da novela, Moisés Barcia.