Actividades publicado por

Unha novela sobre os segredos de familia no Sete Vidas

Unha novela sobre os segredos de familia no Sete Vidas

O martes 5 de marzo, ás 20:00h, o club de lectura Sete Vidas reunirase de novo na Biblioteca de Gondomar para falar da lectura recomendada para este mes. Trátase de Marcas de nacemento de Nancy Huston (Rinoceronte).

En palabras da propia autora: “Un acontecemento terrible tivo lugar durante a infancia da bisavoa e as consecuencias esténdense ao longo de xeracións. É un libro sobre o impacto dos acontecementos políticos e familiares, sobre a forma en que se transmiten as lembranzas, sobre como a Historia inflúe nas historias particulares”. Marcas de nacemento obtivo o premio Femina 2006, ademais de acadar un enorme éxito en Francia, con medio millón de exemplares vendidos. A través dos relatos de catro nenos, ordenados dende o presente cara ao pasado, o lector accede aos recordos persoais que tecen a historia familiar ata culminar co descubrimento dun segredo que determinou a vida de todos eles. Unha marca de nacemento é o sinal que une as catro xeracións.

Deseguido pódense ver varias imaxes da sesión do mes de febreiro, dedicada á lectura da novela A fama.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura