Casa da Lectura publicado por

Unha romería poética dedicada a Rosalía de Castro, como peche da tempada na Casa da Lectura

Unha romería poética dedicada a Rosalía de Castro, como peche da tempada na Casa da Lectura
Este mércores 12 de xuño, a partir das 18:30 horas, pechamos a tempada das sesións dos mércores na Casa da Lectura festexando a Rosalía de Castro co libro Alborada da editora Bailarete.
Para iso, organizamos unha ROMERÍA POÉTICA na que recitaremos, contaremos e cantaremos os poemas de Cantares gallegos. Participará a ilustradora do libro, Irene Silva, xunto con nenos e nenas do Centro Cultural de Chaín, Xaime Estevez, Rita Bugallo, as “Wiki Rosalías” e outras estrelas que, se non chove, tamén aparecerán.
Será un día de festa con polbeiras, rosquilleiras e cantareiras, TODO poético para unha Rosalía TOTAL.
É obrigatorio vir en traxe de gala (non se trata de levita, frac ou traxe de noite e “palabra de honor”). Panos coloridos e floreados, para cabezas, e faxíns.
Estas son as fotos da viaxe que realizamos na sesión da semana pasada.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura