A Portada publicado por

Unha sesión con aroma a entroido, na Casa da Lectura

Unha sesión con aroma a entroido, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 3 de febreiro a partir das 18:00 h, xa van chegar á Casa da Lectura aires do entroido que se aveciña. A partir do conto Ricitos de oso, descubriremos que o entroido é un momento idóneo para que cadaquén elixa ser como realmente quere ser, á marxe dos convencionalismos.

Na sesión da semana pasada, 21 nenos e nenas gozaron dunha colorida sesión músico-monstruosa. Veu un artista desde París que nos contou contos, nos cantou cancións e mesmo fixo maxia. Estas son as fotos da sesión.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura