A Portada publicado por

Unha sesión especial co ilustrador Ramón Trigo para pechar o ano na Casa da Lectura

Unha sesión especial co ilustrador Ramón Trigo para pechar o ano na Casa da Lectura

O mércores 18 de decembro, ás 18:00 horas e ás portas das vacacións de Nadal, a Casa da Lectura celebra unha sesión de dinamización especial da man do ilustrador e autor Ramón Trigo.

Ramón Trigo traeranos e contaranos un espectacular conto xigante, feito por el mesmo e titulado O vampiro Félix. Trátase da historia dun vampiro que se sentía só porque era distinto aos demais. Non lle gustaba o sangue, era vexetariano e devecía polos allos. Un día coñeceu unha vampira vexetariana e xuntos abriron un restaurante vexetariano…

As actividades de dinamización lectora da Casa da Lectura retomaranse tras as vacacións de Nadal.

Deseguido pódense ver as imaxes tomadas o mércores da semana pasada, cando contamos e montamos contos encadeados.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura