Unha sesión monstruosa na Casa da Lectura

Este mércores, 10 de maio, a Casa da Lectura acollerá unha monstruosa sesión de dinamización lectora a partir do clásico de Maurice Sendak, Onde viven os monstros. A actividade comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

A semana pasada gozamos dunha divertida sesión onde se combinaron os contos coa música. Rimos, bailamos e construímos o noso propio instrumento musical. Estas son as fotos dese día: https://goo.gl/photos/tLuNGFtcvVKBD6Ja6