A Portada publicado por

Unha sesión musical, na Casa da Lectura

Unha sesión musical, na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores 29 de maio, na Casa da Lectura, será unha sesión musical. A partir do conto “Mozart, el pequeño mago”, de Lumen, contaremos a historia da ópera «A Frauta máxica» do xenial compositor. Escoitaremos algúns fragmentos da peza, coñeceremos os personaxes e as súas aventuras, aprenderemos algunhas curiosidades relacionadas con Mozart e, por último, debuxaremos o que nos suxira o libreto.

A actividade comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

Deseguido pódense ver as imaxes da sesión pasada, onde falamos de mulleres pioneiras.

Casa da Lectura 2019-05-22

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com