A Portada publicado por

Unha sesión poética a cargo de Fran Alonso arredor da poesía e de Manuel María, no Lendo Contigo de marzo

Unha sesión poética a cargo de Fran Alonso arredor da poesía e de Manuel María, no Lendo Contigo de marzo
O club de lectura compartida Lendo Contigo celebra o sábado 19 de marzo a súa sesión mensual, que xirará arredor obra Os soños na gaiola, de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2016. Nesta ocasión, contaremos coa presenza do escritor Fran Alonso, que fará un espectáculo poético arredor da poesía e de Manuel María. Convidámosvos a acudir á cita, que será na Biblioteca Municipal de Gondomar o vindeiro día 19 ás 12:00 horas. Vémonos!
O pasado mes, a sesión centrouse no libro O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Durante a sesión, aprendemos moito sobre Brasil, o país de orixe do protagonista desta obra. Tamén fixemos unha conexión vía Skype coa autora, que nos contou por que escribiu esta historia e á que lle puidemos facer moitas preguntas sobre o libro e que incluso nos presentou á súa cadela, que a acompaña no proceso de escrita das súas historias. Estas son as imaxes dese día:

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura