A Portada publicado por

Unha viaxe en tren na Casa da Lectura

Unha viaxe en tren na Casa da Lectura
Este mércores 8 de abril ás 18:00h volven as sesións de dinamización lectora á Casa da Lectura cunha viaxe en tren que nos levará polo mundo enteiro da man de dous libros: O trenciño rebuldeiro, de Jan Carek e Zdenek Miler (Patasdepeixe Editora) e Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais). Ademais de contar os contos, imos cantar, xogar ás adiviñas, pintar… A viaxe en tren comeza ás 18:00h, pero a Casa da Lectura estará aberta xa a partir das 17:30h para atender o servizo de préstamo.
Pasaxeiros e pasaxeiras ao tren!
O tren rebuldeiro
chu-chu-chú
percorre o mundo enteiro
chucu-chucu-chú
Na anterior sesión contamos Que tal, pequeniño? e Garavanciño. Co primeiro aprendimos que hai verduras e froitas que se parecen a bebés de animais; co segundo, que para levar a cabo o que nos propoñemos, non é necesario ser grande, basta con ter vontade. Despois de aprender a cantar a canción de Garavanciño, fixemos unhas maracas con materiais reciclados e… garavanzos, claro! Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura