Club de Lecturas Debuxadas publicado por

“V de Vendeta” no Lecturas Debuxadas de maio

“V de Vendeta” no Lecturas Debuxadas de maio

O martes 21 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas que estará dedicada a comentar V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd.

V de Vendetta, ademais de ser unha das maiores obras mestras da industria do cómic e unha das obras máis persoais e logradas dos seus autores, Alan Moore e David Lloyd, é unha historia horrible e terriblemente real acerca da perda da liberdade e da identidade do individuo que se ve inmerso nun mundo hostil, frío e totalitario.

Co trasfondo dunha Inglaterra imaxinaria que caeu baixo a bota dun réxime fascista, analízase tanto a vida baixo un estado policial asfixiante como o poder da rebelión e a resistencia do espírito humano ante a opresión e o totalitarismo. Nun mundo onde todo o que non está prohibido é obligatorio, un só home pode marcar a diferenza.

V_de_VendettaOK_okBR

 

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com