Vacas e avestruces, no Contomar do luns

O luns 18 de abril, ás 18:00 horas, a Biblioteca de Gondomar acollerá a sesión semanal do Contomar, onde se lerán, entre outros, os contos Mariliz avestruz e A vaca condesa.
A semana pasada tivemos unha sesión especial no Contomar, na que, ademais dos 25 nenos e nenas que viñeron ata a biblioteca, tamén nos acompañaron un equipo de profes do C.E.I.P. Humberto Juanes de Nigrán, centro socio protector de Espazo Lectura, que nos trouxeron dous contos, 7 Ratiños cegos e Fío sen fin, ademais de lernos seis relatos do libro Contos para nenos que dormen deseguido. Estas son as imaxes dese día.