Venres 26: VI Dar de ler coma quen dá de beber

Dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, celebra este venres 26 de abril a sexta edición do Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras escollidas por elas mesmas para compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa preténdese celebrar a Semana do  Libro lendo.

A cita será no albergue Nornas

Con esta iniciativa quérese reivindicar a presenza dos libros e a lectura en todos os espazos da vida e facer que formen parte da nosa actividade cotiá, por iso, logo de pasar pola biblioteca, o mercado, a taberna, o café…, o lugar escollido este ano é un albergue, o Nornas Hostel, situado no Barrio da Igrexa, 15, Gondomar. O acto, aberto a quen queira achegarse ao longo da tarde, transcorrerá dende as 20:00 ata ás 22.30 horas.
cartel_VI_dar_de_ler_sen