Actividades publicado por

Vermú literario e polbo á feira con Dolores Redondo e o seu thriller policial

Vermú literario e polbo á feira con Dolores Redondo e o seu thriller policial

XG00209201O Club de Lectura Sete Vidas abre a súa tempada cunha sesión moi especial: un vermú literario con Dolores Redondo acompañado de polbo á feira. O acto, que terá lugar o domingo 6 de outubro na xamonería Catro Camiños, e comezará ás 12 horas do mediodía.

A escritora vasca Dolores Redondo é autora do thriller de éxito interncional O gardián invisible, traducido a numerosas linguas en todo o mundo e estará connosco en Gondomar para acompañar os seus lectores e lectoras.

A novela mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. Está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, que investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado.

A crítica calificou O gardián invisible de «vibrante», ao tratarse dunha historia que deixa sen alento a quen a le. Entre as distintos calificativos que se dixeron da novela destacamos os seguintes: «Unha historia que paga a pena leer» (Lorena Domínguez Mallo); «Un best-seller entre a boa literatura» (Francisco Martínez Bouzas); «Best-seller ben escrito, recomendable e ameno» (Manuel Rodríguez Alonso); «A forza dunha narración que non defrauda» (Ramón Nicolás); «Vaia novela!» (Rosa Mora); «Os milagres, en falando de libros, aínda son posibles« (Dolores Vilavedra).
A novela traduciuse a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués, noruegués, holandés, euskera, grego ou galego e a produtora internacional Nadcon Films comprou os dereitos cinematográficos.

No acto que organiza Espazo Lectura en Gondomar poderemos compartir coa autora uns atractivos momentos de charla e intercambio de impresións. Reproducimos a continuación o booktráiler do seu lanzamento en Italia.

Facebook Twitter Digg Email
2

Espazo Lectura