A Portada publicado por

[Vídeo] Luís Correa interpreta a cantiga número 6 do Pergamiño Vindel, no Sete Vidas dedicado á novela «A arte de trobar»

[Vídeo] Luís Correa interpreta a cantiga número 6 do Pergamiño Vindel, no Sete Vidas dedicado á novela «A arte de trobar»

O xoves 11 de xaneiro estreamos novo ano no club Sete Vidas, na compaña do escritor Santiago Lopo, que viu falar con nós da súa novela «A arte de trobar», Premio Xerais de Novela 2017. Foi unha sesión magnífica, onde nos trasladamos ao esplendor da lírica medieval galega da man do autor e dos personaxes desta historia.

Na sesión tamén participou o músico Luís Correa, que interpretou coa zanfona a cantiga número 6 do Pergamiño Vindel.

 

Sete vidas110118

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura