A Portada publicado por

Volve o Comando Le!

Volve o Comando Le!

Este próximo sábado 24 de outubro comezan as actividades do Comando Le, que nesta tempada 2020-2021 contan co apoio do Concello de Gondomar. Para podermos cumprir coas medidas de distanciamento social e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, as sesións celebraranse no Centro Neural de Gondomar, estarán abertas unicamente aos rapaces e rapazas que xa viñan na tempada anterior, reducirán a súa duración a 2h e non se incluirá a cea compartida que era habitual en tempadas anteriores.

Nesta primeira sesión, que se desenvolverá de 20:00h a 22:00h, presentaremos as actividades previstas para esta nova tempada e realizaremos actividades de cohesión grupal, nun reencontro entre os comandoleiros e comandoleiras que se produce logo de que se tivesen que suspender as actividades en marzo de 2020, como consecuencia das restricións establecidas pola pandemia por COVID-19. Na última sesión, celebrada en febreiro, a partir da lectura da novela O grupo de An Alfaya, falaramos das historias de superación de persoas que sofren algún problema que limita a súa integración social e que loitan por saír adiante e superar esas dificultades. Para irmos preparando ese reencontro presencial, deixamos a continuación as imaxes daquela sesión.
Comando Le 29.02.2020
Vémonos de novo este sábado 24 de outubro ás 20:00h no Centro Neural de Gondomar.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com