Volve o Comando Le cun magosto literario

Este próximo sábado 26 de outubro terá lugar na Casa da Lectura, de 20:00h a 22:30h, a sesión de inicio de tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura promove para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Nesta primeira sesión váiselle presentar a actividade aos mozos e mozas que se incorporen por primeira vez, vaise realizar un xogo para coñecerse e vaise celebrar, como é habitual, unha cea compartida, polo que os rapaces e rapazas que asistan deben levar algo, salgado ou doce, para compartir. Finalmente, pecharase a sesión cun magosto literario.

Comeza así unha nova tempada que se prolongará ata finais de maio con sesións que favorecerán o achegamento a diferentes temas a través do cine, a música, as conversas, as excursións, a amizade e, por suposto, a lectura. Deixamos a continuación as imaxes da sesión de peche da tempada anterior, na que se realizou unha excursión a Pontevedra para facer un roteiro pola cidade, un xogo de pistas e unha visita ao Museo de Pontevedra:

Comando Le 01/06/2019