A Portada publicado por

Volve o Contomar

Volve o Contomar

Tras o descanso do Nadal, Espazo Lectura retoma as actividades estables. A primeira cita é co Contomar, o  luns 12 de xaneiro, ás 18:00 horas na Bilbioteca Municipal de Gondomar.

Na primeira sesión do ano leranse os contos Orellas de bolborta, Adiviña canto te quero e Os catro amigos.

Deixámosvos coas imaxes da derradeira sesión do ano 2014, na cal se leron contos do Apalpador e de Reis e se repartiron, entre os nenos e nenas que máis estrelas tiveron nos seus carnés de asistencia, invitacións para o espectáculo A nena e o grilo nun barquiño, que tivo lugar o luns 22 de decembro no auditorio Lois Tobío.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura