A Portada publicado por

Volvemos a compartir lecturas!

Volvemos a compartir lecturas!

O club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese de novo o sábado 20 de marzo para conversar sobre o libro A historia de Greta, a biografía non oficial de Greta Thunberg escrita por Valentina Camerini e publicada na editorial Sushi Books.
Nesta sesión, prevista para o mes de xaneiro e adiada pola situación sanitaria, poderemos coñecer a través desta biografía os motivos que levaron a Greta a comezar a súa folga fronte o edificio do Parlamento para salvar o medio ambiente, feito que traspasou as fronteiras e que provocou que todos e todas nós vivísemos numerosos #fridaysforfuture.
A sesión celebrarase no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, o sábado 20, ás 12:00h. Será obrigatorio o uso da máscara e garantiranse as medidas de hixiene e distancia social.
Agardámosvos!

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com