A Portada publicado por

Volven as sesións do Comando Le coa escritora Iolanda Zúñiga como convidada

Volven as sesións do Comando Le coa escritora Iolanda Zúñiga como convidada
Este próximo sábado 22 de outubro de 2016 de 20:00h a 22:30h na Casa da Lectura vaise celebrar a primeira sesión da tempada do Comando Le, a actividade de Espazo Lectura dirixida a rapaces e rapazas de máis de 12 anos. 
Na primeira parte desta sesión os comandoleiros e comandoleiras que xa asistían en tempadas anteriores farán unha presentación da actividade para os rapaces e rapazas que se acheguen por primeira vez. Na segunda parte, logo dunha cea compartida, recibiremos a visita da escritora Iolanda Zúñiga, quen, a través dunha intervención titulada  “Fast food e literatura”,  lles falará de como comezou a escribir, ao tempo que recitará algúns dos seus poemas.
Con esta actividade retómanse as sesións do Comando Le, que se despediran a tempada pasada cunha saída a Ourense para facer un roteiro literario pola cidade, unha rolda de recomendacións de lecturas para o verán e unha visita á Casa Museo de Otero Pedrayo en Trasalba. Pódense ver as fotos dese día premendo aquí.
Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura