X Dar de ler coma quen dá de beber

Espazo Lectura está a preparar a décima edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro.

Esta actividade consiste nunha lectura colectiva para a que, as persoas que o desexen, escollen un texto moi breve dun libro que queiran compartir cos demais para ler en voz alta nese acto.

Este ano decidimos repetir formato e lugar do ano pasado e facelo de novo en sesión vermú, a partir das 12 horas do mediodía. O acto terá lugar o domingo 23 de abril, no propio Día do Libro, no Keik Café de Gondomar (Rúa das Ánimas, 10), entre as 12:00 h e as 14:00 h aproximadamente, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

Como en ocasións anteriores, gustaríanos reunir arredor de 25 ou 30 persoas nun espazo público para ler. Ademais, tamén se pode escoitar, compartir e recomendar as lecturas que nos gustan e celebrar así a data do Día do Libro facendo da lectura un acto de socialización.

A idade mínima para participar é de 14 anos.

Que teño que facer se quero participar?

– Escolle un fragmento dun libro, preferiblemente en lingua galega, cuxa lectura non exceda os 3 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

– Comunícanos que queres participar escribindo a espazolectura@gmail.com ou chamando ao número 655 553 930.

– Indícanos cal é o libro e o autor/autora seleccionado.

– Para organizar máis facilmente o acto, dinos tamén se prefires ler entre as 12:00 h e as 13:00 h ou entre as 13:00 h e as 14:00 h. Tentaremos, na medida do posible, aternos a esa elección e evitar en todo caso que haxa cambios durante a celebración do acto con respecto á orde fixada.

Celebremos o día do libro lendo!