Contomar publicado por

Xa cumpriu sete anos e o Contomar segue enchendo de contos a biblioteca

Xa cumpriu sete anos e o Contomar segue enchendo de contos a biblioteca

Na sesión do Contomar do luns 25 de febreiro de 2013, os contos volven tomar vida na biblioteca de Gondomar. Nesta ocasión, entre outros títulos, leranse Mariluz Avestruz, O vendedor de tormentas, ¿E ti que farías por min?, Elmer ou ¿Kenkeoke?

A actividade comeza ás 18:00 horas e está aberta a todos os nenos e nenas que queiran asistir acompañados das súas familias.

Na sesión pasada celebramos o 7º cumprecontos do Contomar e volvimos contar o conto co que arrancou esta actividade hai sete anos: A casa da Mosca Chosca. Estas son as imaxes dese día.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com