A Portada publicado por

Xerardo Neira visita o Lendo Contigo de decembro, para falarnos de «O capador de boinas»

Xerardo Neira visita o Lendo Contigo de decembro, para falarnos de «O capador de boinas»

Este sábado, 17 de decembro, despediremos o ano 2016 do club de lectura Lendo Contigo coa compaña de Xerardo Neira, autor de «O capador de boinas», a proposta de lectura para este mes. A sesión comeza ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar e están convidados a asistir todos os nenos e nenas a partir de sete anos e as súas familias.

O pasado sábado mes recibimos a Charo Pita, que nos viu falar de «Oxalá estiveses aquí».  Nunha sesión moi amena, Charo convidou aos nenos e nenas a xogar coas palabras e coa sonoridade, facéndoos conscientes do que pode mudar o significado dunha verba en función de como a fagamos saír. Para rematar, ademais de contestar as preguntas dos asistentes sobre a obra, agasallounos cun pequeno relato en forma de mensaxe nunha botella. Nesta ligazón pódese ver unha galería de imaxes da sesión: https://goo.gl/photos/WV9yn3tdwSrwMeuB7

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura