A Portada publicado por

XIII Dar de ler coma quen dá de beber

XIII Dar de ler coma quen dá de beber

Estimadas socias e socios:

Espazo Lectura está a preparar a décimo terceira edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro e que se enmarca na Semana do Libro e a Lectura.

Como sabedes, esta actividade consiste nunha lectura colectiva para a que as persoas que o desexen escollen un texto moi breve dun libro que queiran compartir cos demais.

Este ano non poderemos reunirnos, pero queremos celebrar o Día do Libro cunha morea de lecturas, como viñamos facendo ata o de agora. Gustaríanos reunir arredor de 25 ou 30 vídeos de persoas lendo desde as súas casas e recomendando diferentes textos cos que nos poderemos facer cando remate o confinamento nas nosas librarías e bibliotecas.

A idea é publicar os vídeos que nos enviedes nas nosas redes sociais o 23 de abril, Día do Libro, de xeito que poidamos ir gozando ao longo do día das lecturas en voz alta desde as nosas casas.

A idade mínima para participar é de 14 anos.

Que teño que facer se quero participar?

– Escolle un fragmento dun libro en lingua galega, cuxa lectura non exceda os 2 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

– Grava a túa lectura e envíanola a espazolectura@gmail.com indicando o título e o nome do autor ou autora seleccionada.

– Indícanos tamén o teu nome completo para que poidamos reunir todas as recomendacións e elaborar un documento para difundir coas vosas lecturas.

Tedes ata o 21 de abril para enviarnos os vosos vídeos.

Agardamos poder contar coa túa participación e quedamos á espera das túas novas.

Unha aperta.

O equipo de Espazo Lectura

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com