Xoán Babarro, autor convidado no Lendo Contigo de marzo

O sábado 16 de febreiro celebramos a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto para este mes foi Ten ten, a miña casa ten, un poemario de Xoán Babarro, publicado por Galaxia.

Ten, ten, a miña casa ten… é un libro para viaxar por ríos e montes, cidades e nubes. Atletas, augas, aureanas, barbantesas, barcas, barcos, bardos, beléns, bruxas, buguinas, buxainas, cabaliños, camiños, campás, carreiros, doces, dragóns, fadas, feitizos, flores, froitas, fumarolas, furnas, gaivotas, guirlandas, illas, infantas, instrumentos, lagoas, lobos… todo isto e máis neste libriño: versos sobre unha chea de lugares e debuxos como mapas.

A sesión comeza ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar.

ten_minha_casa

As seguintes fotos foron tomadas durante a sesión do mes pasado, cando recibimos a visita de Rivadulla Corcón.