«Canción de solpor», a lectura do mes de marzo no club Sete Vidas

Este xoves 14 de marzo o club de lectura Sete Vidas reunirase ás 20:00 no café Keik (rúa das Ánimas 10, Gondomar) para falar da novela «Canción de solpor», de Lewis Grassic Gibbon e publicada por Irmás Cartoné. A novela retrata, a través dos ollos de Chris Guthrie, un mundo e unha forma de vida que esmorecen coa chegada da Primeira Guerra Mundial. Contaremos coa presenza da tradutora, Celia Recarey.

O 9 de febreiro o Sete Vidas reuniuse na librería Libraida para falar da novela «Besta do seu sangue», nunha sesión na que contamos coa presenza da autora Emma Pedreira.
«Besta do seu sangue» é un achegamento a Blanco Romasanta, o célebre Sacaúntos, a partir dunha nova perspectiva: naceu coma Manuela e non foi ata a súa adolescencia que pasou a ser Manuel. Así, cuestionando desde o inicio a versión oficial da historia, Pedreira somérxenos no universo de Romasanta a través dos ollos de distintas personaxes. Estas son as imaxes dese día:

Sete Vidas 09/02/19