A actriz, escritora e contadora Paula Carballeira, para despedir o ano na Casa da Lectura

O mércores 19 de decembro a Casa da Lectura celebra, por todo o alto, a última sesión de dinamización lectora do ano cunha sesión de contos a cargo da escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira. Coma todas as semanas, a actividade comeza ás 18:00 horas.

Deseguido pódense ver as fotos da semana pasada, cunha sesión de contos sobre arrecendos e fedores.

Casa da Lectura 2018-12-12