A Banda dos Cueiros actúa este sábado en Pontevedra, no Festival Surfing de Lérez

Este sábado 18 de xuño, ás 18:00 horas, A Banda dos Cueiros actuará na zona infantil do Festival Surfing the Lérez, en Pontevedra, na Illa das Esculturas. Esta será a actuación que peche a programación infantil deste ano. Pódese ver toda a programación do Festival no perfil de Facebook: https://www.facebook.com/events/889163857873430/

A Banda dos Cueiros tamén foi a encargada de poñer o broche final á tempada 2015-2016 de Contos en Cueiros, a actividade de Espazo Lectura destinada a bebés ata tres anos e ás súas familias. Estas son as fotos dese día.