A biblioteca énchese co Contomar

Esta tempada, o Contomar está tendo moito éxito de asistencia, pero aínda hai sitio para os nenos e nenas que queiran animarse a vir. Na sesión do próximo luns 24 de novembro seguiremos celebrando cumprecontos coas historias Corre corre, cabaciña e Feroz o lobo. E tamén leremos outros contos como O zapateiro e o trasno ou Na cociña da noite. A sesión comeza ás 18:00 h na Biblioteca de Gondomar e está aberta a todos os nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias.

Estas son as imaxes do luns pasado.