A editora Gemma Sesar, autora do cómic “Vida de nai”, visita o Lecturas Debuxadas de febreiro

O club Lecturas Debuxadas celebra este martes, 18 de febreiro ás 20:00h, unha nova xuntanza arredor do cómic Vida de nai, da autora e editora de El Patito Editorial Gemma Sesar. A cita é na Biblioteca Municipal de Gondomar. A partir das 21:00 horas, Gemma Sesar estará con nós para falar da súa obra.

Vida de nai é a historia dunha nai de hoxe en día, con dos fillos pequenos («quererás dicir: unha filla e un fillo»), sen axuda para atendelos («outra vez sen asistenta!») e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo, e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos. O talento gráfico de Marcos e Castelli é aquí o mellor aliado para contar unha historia, que podería ser a de calquera, cuxa forza radica na mirada, ás veces tenra, ás veces crúa, da súa mesma protagonista.

Un cómic que naceu a partir do blog que mantén a propia autora: www.canalmadre.com

Estas son algunhas fotos da última sesión, durante a cal nos visitou un equipo do programa cultural Zigzag Diario da TVG.