A Escola de Ensino Infantil O Areal de Sabarís, novo socio protector de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida a un novo centro de ensino que se incorpora como socio protector da asociación. Trátase da EEI O Areal de Sabarís. Con este novo centros son xa dezaseis os colexios da comarca que son socios protectores de Espazo Lectura e que colaboran co noso proxecto facéndolles chegar ás familias do seu alumnado a información mensual das nosas actividades para convidalas a participar. Agradecemos que apoien o noso proxecto de fomento da lectura e nos axuden a difundilo e a fortalecelo socialmente.

Ademais de centros de ensino, tamén son socios protectores de Espazo Lectura editoriais galegas, compañías de teatro e unha libraría.