A escritora Ánxela Loureiro participa no primeiro Lendo Contigo da tempada

O club de lectura compartirda Lendo Contigo volve no mes de outubro coa obra publicada por Xerais «Choiva de ras». A súa autora, Ángela Loureiro, acompañaranos na inauguración desta nova tempada.

«Choiva de ras» é unha aventura protagonizada por animais e que afonda nos valores da independencia, a amizade, a soliedariedade e o respecto. Nesta historia, RaMona, a ra máis independente do lugar, enfróntase a situacións moi divertidas, pero tamén de moita responsabilidade, que fan que reflexione sobre a vida na lagoa.

A sesión será o sábado 27 de outubro na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) ás 12:00h. Animádevos a comezar unha tempada cargada libros e lectura!