A escritora e xornalista Montse Fajardo falará do libro «Invisibles: relatos do maltrato» na xuntanza do club Daquelas que Len

Este martes 12 de marzo a Casa da Lectura acolle unha nova xuntanza do club de lecturas feministas Daquelas que Len. A sesión comeza a partir das 20:00 horas.
A lectura proposta nesta ocasión é o libro “Invisibles: relatos do maltrato”, da escritora e xornalista Montse Fajardo. Trátase dunha obra que lle dá voz a sete de mulleres maltratadas que narran as súas experiencias. A autora estará con nós na Casa da Lectura para falar e compartir reflexións arredor deste libro.

Deseguido pódense ver algunhas imaxes da anterior xuntanza, dedicada á lectura do libro «Como ser muller» de Caitlin Moran.

Daquelas quen len, 30/01/2019