A escritora Ledicia Costas gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil

Dende Espazo Lectura queremos expresarlle os nosos parabéns á escritora Ledicia Costas que acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.

No mes de febreiro pasado, a escritora visitou o club de lectura compartida Lendo Contigo, de Espazo Lectura, para compartir cos nenos e nenas que asistiron a sesión as impresións e comentarios que lles suscitou a lectura da obra premiada co prestixioso galardón.