A narradora Bea Campos e o músico David González, no primeiro Contos en Cueiros da tempada

O venres 8 de novembro ás 18:00 horas, na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar), haberá unha sesión especial de Contos en Cueiros, o contacontos de Espazo Lectura para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.

A sesión de contos con música contará coa presenza da narradora Bea Campos e o músico David González. Para participar cómpre incribirse a través do correo electrónico espazolectura@espazolectura.org, e indicar o nome do bebé. O prazo de inscrición remata o xoves 7. O aforo é limitado.

contos_en_cueiros_nov_2013_casa_lec