A Semana do Libro continúa o mércores cun contacontos especial na Casa da Lectura

O segundo día da Semana do Libro e a Lectura é este mércores 18 de abril. A sesión de dinamización lectora que semanalmente acolle a Casa da Lectura terá unha convidada especial, a actriz e contadora Bea Campos, que presentará o espectáculo “Cantarela, contos e cantos para nenos e nenas”.
A actividade comeza ás 18:30 horas.

As seguintes imaxes son da sesión celebrada o mércores 11 de abril, cando os nenos e nenas escribiron e gardaron en botiños as súas palabras preferidas.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *