A VII Semana do Libro e a Lectura remata coa sesión número 50 do Lecturas Debuxadas

O próximo martes día 29, a partir das 20:00 horas, a Biblioteca de Gondomar acolle a sesión de abril do Club Lecturas Debuxadas na que comentaremos Operario, de Jano (Demo Editorial). Nesta ocasión contaremos coa presenza do autor para comentar a súa obra. Con esta actividade péchase o programa da VII Semana do Libro a Lectura.

Ademais,  esta será tamén unha sesión especial porque se celebra o encontro número 50 do club Lecturas Debuxadas. Isto quere dicir que:

– Lemos 50 cómics.
– Dedicamos (oficialmente) 100h falando de banda deseñada (e o seu entorno)
– Son 5 anos dende que comezamos, e estamos na 6ª tempada.
– Coñecemos en persoa a 17 autores (Jacobo Fernández Serrano (2 veces), Kiko da Silva, David Rubín, Manel Cráneo, Ramón Trigo, José Manuel Trigo, Manolo López Poy, Dani Montero, Brais Rodríguez, Tokio, Mariano Casas, Inacio Vilariño, Iván Suárez, Miguelanxo Prado, Agustín Fernández Paz, Antonio Seijas e Gemma Sesar).
– Tivemos unha sesión na tenda Banda Deseñada, en Vigo.
– Con Manolo López Poy falamos a través de videoconferencia.
– Houbo unha sesión compartida co club Sete Vidas (Cartas de Inverno, con Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas).
– 68 persoas reciben directamente un correo de recordatorio para cada sesión.

– Hai 151 persoas no grupo de facebook do club (https://www.facebook.com/groups/30635342759/).

E estas son todas as sesións (en negriña aparecen os autores que acudiron):

01 – 16/12/2008 – A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado.
02 – 20/01/2009 – Los combates cotidianos, de Manu Larcenet.
03 – 17/02/2009 – Maus, relato dun supervivente, de Art Spiegelman
04 – 17/03/2009 – Río Abajo, de Pascal Rabaté – Arrugas, de Paco Roca
05 – 21/04/2009 – Aventuras de Cacauequi, de Jacobo Fernández Serrano
06 – 19/05/2009 – Píldoras azules, de Frederik Peeters
07 – 16/06/2009 – A conta atrás, de Carlos Portela e Sergi Sanjulián

08 – 20/10/2009 – Charla con Kiko da Silva
09 – 17/11/2009 – As serpes cegas, de Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava
10 – 15/12/2009 – Ikigami, de Motorô Mase
11 – 19/01/2010 – Tamara Drewe, de Posy Simmonds
12 – 23/02/2010 – Os cinco narradores de Bagdad, de Fabien Vehlmann e Franz Duchazeau
13 – 16/03/2010 – Tres sombras, de Cyril Pedrosa
14 – 20/04/2010 – Onde ninguén pode chegar, de David Rubín
15 – 18/05/2010 – El arte de volar, de Antonio Altarriba e Kim
16 – 15/06/2010 – Persépolis, de Marjane Satrapi

17 – 19/10/2010 – Contrato con Dios, de Will Eisner
18 – 16/11/2010 – Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo
19 – 21/12/2010 – Batman, año uno, de Frank Miller e David Mazzucchelli
20 – 18/01/2011 – Fun Home, Alison Bechdel
21 – 15/02/2011 – (Charla con Melo na súa tenda – Banda deseñada)
22 – 22/03/2011 – Pyongyang, de Guy Delisle
23 – 26/04/2011 – O burato do inferno, de Ramón Trigo e José Manuel Trigo
24 – 24/05/2011 – Asterios Polyp, de David Mazzucchelli
25 – 21/06/2011 – Emigrantes, de Shaun Tan

26 – 18/10/2011 – O fillo da furia, de Manolo López Poy e Miguel Fernández
27 – 15/11/2011 – Piel color miel, de Jung
28 – 20/12/2011 – Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano
29 – 17/01/2012 – Inolvidable, de Alex Robinson
30 – 28/02/2012 – Sen mirar atrás, de Dani Montero
31 – 20/03/2012 – Polina, de Bastien Vivès
32 – 17/04/2012 – A man do diaño, de Brais Rodríguez
33 – 15/05/2012 – Agencia de viajes Lemming, de José Carlos Fernandes
34 – 19/06/2012 – Un zoo en invierno, de Jiro Taniguchi

35 – 16/10/2012 – Cabana de Balieiros, de Tokio
36 – 20/11/2012 – Barrio, de Carlos Giménez
37 – 18/12/2012 – Na procura de Ed o Riseiro, de Kim Deitch
38 – 22/01/2013 – Portugal, de Cyril Pedrosa
39 – 19/02/2013 – Mensaxes, A historia xamais contada xamais contada, de Mariano Casas
40 – 19/03/2013 – Pagando por ello, de Chester Brown
41 – 23/04/2013 – Titoán, de Inacio e Iván Suárez
42 – 21/05/2013 – V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd
43 – 18/06/2013 – Trazo de xiz, de Miguelanxo Prado

44 – 15/10/2013 – Ardalén, de Miguelanxo Prado
45 – 19/11/2013 – Romeo y Julieta, de Gianni de Luca
46 – 10/12/2013 – Cartas de inverno (novela e banda deseñada  // Club compartido), de Agustín Fernández Paz – Antonio Seijas
47 – 21/01/2014 – El libro de los insectos humanos, de Osamu Tezuka
48 – 18/02/2014 – Vida de nai, de Gemma Sesar
49 – 18/03/2014 – Cenizas, de Álvaro Ortiz

50 – 29/04/2014 – Operario, de Jano