Arranca a nova tempada do Contomar

O próximo luns 3 de outubro damos comezo a nova tempada do Contomar. Nesta sesión, da man do profesor Aristítoles e as súas colaboradoras, descubriremos o Catálogo de OBXECTOS REBULDEIROS. Saberemos toda a verdade sobre as feras que nos axexan na casa e tamén fóra dela. Darannos explicación científica para todos os fenómenos que poidan tela e tamén os que non. Se queredes descubrir toda a verdade, e máis nada que a verdade, sobre estes obxectos non deixedes de vir o luns á Biblioteca de Gondomar a partir das 18:00 horas.

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *